Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Barreiros / Mariña Oriental (comarca)
Parroquia: San Cosme de Barreiros (San Cosme)
Lugar: Remior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Tumba medieval localizada na praia de Coto na primavera do 2014 por un veciño da zona segundo apuntan as informacións. A forma antropomorfa no oco na rocha fixo que a asociación Mariña Patrimonio solicitara no mes de abril do 2014 aos responsables de Patrimonio da Xunta de Galicia a súa inclusión no inventario de xacementos arqueolóxicos ao considerar que se trataba dun importante sitio arqueolóxico que cumpría documentalo e dalo a coñecer. Feito este que se levou a cabo en maio do 2014. A tumba ten unhas dimensións de 1,60 metros de longo e uns 50 cm. de ancho aproximadamente, as cales son coherentes coas medidas habituais deste tipo de sepulturas. Non está construído, segundos os arqueólogos, coa orientación deste tipo de enterramentos, que soían ser oeste – leste, coma se o difunto mirara á saída do Sol. Na información do blog de Mariña Patrimonio podemos ler : “A sepultura está situada a 900 m. da capela de San Bartolo e probablemente exista entre ambas algunha relación. Como se sabe, a toponimia está moi asociada aos xacementos arqueolóxicos e, aínda que na actualidade non se rexistre ningún nome no lugar que faga referencia a esta tumba, si atopamos en documentación antiga topónimos como Rego do Lopo, Casal e Coto, que perviven na actualidade no entorno do xacemento. Un dato moi relevante atopado tamén nesta documentación é a presenza do topónimo O Corpo Santo “(…) abaxo de dicho Casal que se dice das figueiras y derecho a donde dicen O Corpo Santoy va por toda la orilla de la mar por junto al dicho Coto “ Corpo Santo é un nome que aparece documentado en toda Galiza e que fai referencia a este de tipo de enterramentos da Idade Media”.
A tumba sufriu danos ocasionados pola forza do mar que foron detectados en xullo do 2015, e que ocasionaron que un lateral do sartego quedara arrincado do bloque no que estaba tallado


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/2015/07/danos-na-tumba-medieval-da-praia-de.html
http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/2014/05/a-tumba-da-praia-de-barreiros-novo.html
fotos en
https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/72157644267565392/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5645726505
Lonxitude: -7.22047448158
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84