Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Mondariz
Parroquia: Mondariz (Santa Baia)
Lugar: Mondariz // Rúa Lino Troncoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa construída no ano 1711 a base de cadeirado granítico labrado, con teitume a dúas augas agás no presbiterio que é a catro e as capelas laterais que son a tres.
Esta edificación de estilo neoclásico e planta de cruz latina posúe unha fermosa fachada principal cunha porta de acceso alintelada, con pilastras e columnas rematadas en pináculos. Máis arriba destaca un reloxo de recente factura e tres ocos. O conxunto remata nunha torre-campanario de dous corpos con balaustrada.

No interior destaca a súa bóveda de pedra de cantería labrada. Posúe catro retablos (Virxe do Rosario, Virxe Inmaculada, Virxe Dolorosa e Santo Antonio), aínda que o máis importante é o retablo principal, de época Barroca.
No seu interior destaca tamén o sepulcro de Santo Estebo datada no ano 1115. Está composto por unha tampa de dobre estola, e unha inscrición na cabeceira que di: “Eusebius pimus abbas Huius Parochiae”.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior tamén podemos unha pía bautismal de principios do século XX, unha cruz procesional e incensarios do século XVIII, e no despacho parroquial dous cadros atribuídos a Murillo ou Tiziano: “Cristo de humildade” e “Cristo mostrando as chagas a Santo Tomás”.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm (PXOM ano 2012. Tomo 5 – Ficha A-011 – Páxina 39)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=4606&ctre=31
http://www.parroquiamondariz.com/index6.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2320247039
Lonxitude: -8.45481097698
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84