Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coristanco
Parroquia: Castro (Santa Baía)
Lugar: Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa do século XVIII, de estilo barroco, con planta de salón, cunha ábsida de sección cadrada á que se lle construíu a sancristía apegada a un lateral do presbiterio formando a súa planta total do volume en forma de “L”. Está construída a base de cantería con muros de carga de bloques de granito.
Ten unha fachada moi ornamentada con elementos clásicos. A ámbolos lados da portada encontrámonos con dous panos dobres de columnas, onde se enmarcan unha serie de imaxes relixiosas. Na parte superior da porta, e seguindo o mesmo esquema, hai unha fornela coa súa imaxe e sobre esta levántase un frontón curvo que no seu centro sostén unha cruz.
No lado esquerdo da fachada principal, levántase a torre-campanario de sección cadrada e formada por catro volumes. O primeiro de pouca altura. O terceiro ten un oco de luz alargado e rectangular e o cuarto formado por catro machóns acornixados e unidos entre si por arcos de medio punto biselados e acanalados onde van situadas as campás. Na súa parte superior, remata cunha balaustrada e pináculos con bóla. No centro, unha cupuliña con seteiras sobre a que se apoia un pináculo de igual sección coas da balaustrada e rematada nunha cruz.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volumén V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA002.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1834584396
Lonxitude: -8.80107879639
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84