Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Barreiros / Mariña Oriental (comarca)
Parroquia: Reinante (Santiago)
Lugar: A Proída - A Torre (lugar A Roda)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O lugar componse por dous muros de pedra paralelos que deixan un espazo que foi recheo coa terra do foxo que os precede cara o exterior, acadando un grosor duns 4 metros, e formando unha estrutura circular, a modo de parapeto, e que ten un diámetro de 30 m. no interior. Xunto co foxo de 4 m. de longo, e de 1 m. de fondo, acada unha medida no diámetro total duns 50 m. Consérvase a zona de entrada de entre 1,5 e 2 metros cara o noroeste, onde hai unha pedra que segundo os estudios realizados podería ser un dos dous menhires que a flanqueaban. Nas escavacións realizadas atopáronse restos cerámicos e unha punta de frecha de seixo que non foron materiais suficientes para darlle unha datación concreta.
Foi encontrado durante os traballos de construción da autovía do Cantábrico, no ano 2006, por mor de estudar a localización do Castro da Roda, que finalmente non estaba no lugar indicado nos planos, e as máquinas tropezaron cos muros de esta construción. Finalmente cambiouse o trazado pois este lugar arqueolóxico atopábase no medio, polo cal agora a autovía pasa ao seu carón. En xullo do 2015, un equipo de arqueólogos da Dirección Xeral de Patrimonio traballou no lugar. Confirmaron a singularidade da Roda como un henge, cuns 50 metros de diámetro e unha antigüidade de entre 4.000 e 4.500 anos, sempre á espera de axustar a datación coas probas do carbono 14. Aínda que se sospeita que pode haber outro henge no pobo de Coeses en Lugo aínda sen estudiar.
Outro recintos de parecidas característica estaría na parroquia de Adai no concello de Lugo. Situación en google maps do Castrillón de Adai https://goo.gl/maps/LgywU


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5395893064
Lonxitude: -7.16935157776
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84