Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Barreiros / Mariña Oriental (comarca)
Parroquia: San Pedro de Benquerencia (San Pedro)
Lugar: Punta do Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro sitúase nun promontorio saínte da costa. Ocupa case toda a súa extensión e non se descarta que parte del fora xa derrubado polo mar debido ao cambio do nivel da liña costeira que se orixina ao longo do tempo. Conta cunha muralla e un foxo que o defenden de terra firme. Segundo nos informa o panel da entrada, neste castro foi levada a cabo un exploración en superficie nos anos 90 e atopáronse obxectos de bronce, unha fíbula de pedra, pesos, un buril e fusiolas, asi coma restos de cerámica local, cerámica común romana, anacos de ánfora e Terra Sigilatas. Datouse unha ocupación posterior ao século I d. C.
A foto secundaria da ficha e da autoría de Humberto Palacios Pool (Mariña patrimonio)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA 27005005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BARREIROS/documents/0652CA012.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BARREIROS/documents/0652CA005.JPG
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5626057725Lonxitude: -7.17750549316
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
elixiovieites says:
Dec 21, 2015
O traballo “El yacimiento de Punta do Castro (Reinante, Barreiros, Lugo) Materiales de superficie y perspéctivas” de Eduardo Ramil Rego. Carlos Fernández Rodríguez. Carlos Rodríguez López. Catalina López Pérez. Pilar Fernández Pintos. en Férvedes nº 2, ano 1995.
https://goo.gl/0JQ1f5
Faustino González says:
Dec 22, 2016
Eu retificaria a ubicación
Parroquia: San Miguel de Reinante
Lugar de Punta do Castro (Preguntoiro)
elixiovieites says:
Dec 22, 2016
Ola Faustino. Pois parece que nos mapas do CDIX ( Xunta de Galicia) e atendendo aos límites de parroquias, en liña amarela, o castro está en Benquerencia. Si tes outros datos podémolo cambiar, pois ao mellor están mal. A verdade e que case está no límite das dúas, Reinante e Benquerencia
Oscar Franco says:
Ago 10, 2018
A prensa dixital recolle a denuncia das entidades Mariña Patrimonio e Adega polo uso deste lugar como aparcamento de caravanas.
As novas son de principios de agosto de 2018:
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/castro-da-marina-aparcadoiro-autocaravanas-barreiros/20180807111449071224.html
https://www.eldiario.es/galicia/castro-usado-aparcamiento-caravanas-Lugo_0_801070440.html
https://www.eldiario.es/galicia/castro-usado-aparcamiento-caravanas-Lugo_0_801070440.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/barreiros/2018/08/08/aparcamiento-autocaravanas-sobre-castro-barreiros/0003_201808X8C3997.htm