Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Borraxeiros (San Cristovo)
Lugar: A Ermida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Os petróglifos están nun afloramento rochoso cunha leve pendente orientada ao norte e a 80 metros ao oeste do punto onde se xuntan o Rego de Couso co Rego do Espiño, zona norte da aldea da Ermida. Están formando grupos en distintas rochas separadas por fendas que orixinan as diaclasas dos penedos en que se atopan. As Rochas con gravados máis visibles sitúanse na parte leste do penedo. Podemos distinguir ata tres espazos distintos onde podemos ver círculos concéntricos, algún deles cunha coviña central, e cruciformes. O gravado máis complexo é un grupo que se compón dun debuxo de círculos concéntricos, cunha coviña central cunha liña que sae do centro deles e se comunica cun grupo de tres círculos máis pequenos cunha liña recta que fai de base e da que saen tres liñas máis, marcando tres direccións orientadas ao oeste.
Coordenadas en google maps:
42.7867440662 -8.01464438438
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7867440662Lonxitude: -8.01464438438
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84