Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: As Trabancas (San Mamede)
Lugar: Couso de Arriba
Outra denominación do ben: Petróglifo do Monte da Rega
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Os petróglifos atópanse nunha parte orientada ao sur dun afloramento penedío. Están gravados nunha rocha que conforma unha especie de chanzo entre as da súa contorna, de superficie rectangular e chan. Ten ao seu carón, cara o norte, uns penedos cuns pequenos abrigos naturais que fan as oquedades entre o asentamento dos batolitos. Os gravados, que ocupan toda a superficie da pedra, amosan figuras de círculos concéntricos que parecen unirse entre eles formando figuras máis complexas, ademais de cruciformes e coviñas. Tamén podemos observar nunha esquina un pequeno cadrado que podería corresponder a un taboleiro de xogo que entendemos que sería de épocas máis actuais que a dos debuxos anteriores.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36020048
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7708724813
Lonxitude: -8.00945162773
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84