Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Ventosa (San Xulián)
Lugar: Treilamas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Os petróglifos están nunha superficie rochosa en pendente, de caras achanzadas, e orientada ao sur. Os motivos dos gravados son figuras de círculos concéntricos de diferentes tamaños, todos cunha coviña no medio. Estas coviñas teñen distinta proporción con respecto á figura dos círculos. O diferente desgaste dos sucos dos gravados fan que uns debuxos, de todo o conxunto da rocha, se aprecien mellor que outros. Os motivos circulares parecen estar unidos ou enlazados entre eles por liñas curvas. Destaca unha composición de sete círculos concéntricos de maior tamaño que as demais, que pode chegar aos 60 cm., e da que sae do seu centro unha liña en dirección leste que corta a todos eses círculos da figura. Está nun monte de propiedade privada ao carón dunhas colmeas de abellas.
Coordenadas en google maps:
42.730179, -8.001440


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7301965219
Lonxitude: -8.00148010254
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84