Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Cira (Santa Baia)
Lugar: A Cruz (O Castelo)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A torre sitúase sobre unha mota, a unha altitude de 170 metros, nun lugar estratéxico sobre a canle do río Ulla e de amplas pendentes, que son moi acusadas pola súa banda norte e oeste. A elevación componse de tres niveis aterrazados, cun diámetro de 90 m. no eixo L-O, e 60 m. no eixo N-S. Está controlando, entre outras, as vías de comunicación que atravesan a zona polos pasos de Ponte Ledesma ao leste e Ponte Ulla ao oeste.
Ten planta cadrada e a elevación na que se asenta está sobre unha primeira plataforma ovalada máis ampla, que a rodea de sur a norte, e que sería parte das estruturas construtivas do castelo desaparecido. Polo norte ten un corte do terreo servíndolle de defensa e ciméntase por ese lado sobre uns afloramentos graníticos.
A torre da antiga fortaleza está fabricada en boa cantería e con fileiras regulares de granito. Ten unha superficie interior duns 36 metros cadrados e a súa entrada está na parte oeste, por unha porta que amosa arco lixeiramente apuntado ao exterior e unha bóveda rebaixada cara o interior. No lenzo sur consérvase unha seteira alargada e abombada no remate. Na planta superior hai un segundo van consistente nunha ventá con arco escarzado, ao leste. Fáltanlle as ameas que coroarían á edificación.
A fortaleza foi erixida con licencia da mitra, e sendo o tempo da prelatura de Xelmírez no ano 1121, polo cabaleiro Bermudo Suárez. Máis tarde pasaría a ser propiedade da igrexa e sería cedida a determinados nobres, non sen amosar signos de loita pola posesión da fortaleza no contexto de control do señorío arcebispal sobre as clases nobres a finais do século XIV, aínda que pemaneceu na man arcebispal ata o século XV. Segundo Carlos J. Galván : “Neste momento é obxecto da cobiza señorial, xunto coa fortaleza coruñesa de Mesía, por situarse as dúas no ámbito de importantes camiños e en territorios nos que se concentran intereses enfrontados”.
Dadas as constantes ausencias do Arcebispo López de Mendoza, óptase por ceder as fortalezas a Alonso de Mendoza, pertigueiro das Terras de Santiago. Prelados posteriores manteñen as dúas fortalezas nas mans do fillo deste, López Pérez de Mendoza. Despois da guerra irmandiña (1465-1469) e a morte de López de Mendoza pasa aos Moscoso. Queda a mitra nesta época en clara desvantaxe cara o nobre Lope Sánchez de Moscoso que obtivera xa o título de Conde de Altamira. Esta liñaxe leva a cabo un proceso construtivo alá polo ano 1502 que reafirma o seu poder sobre a fortaleza. Aínda que non sempre ocupada tería un marcado carácter simbólico durante os séculos XVII e XVIII, cando comeza a súa decadencia. Ao longo do XIX a propiedade divídese e unha parte dóase a caridade e outra é aforada para aproveitamento agrícola. Hoxe está nunha propiedade privada e rodeada de plantacións de árbores froiteiras, no súa contorna hai unha casa e outras edificacións.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Galván Malagón J. Carlos. La fortaleza de Cira, un caso de construcción y destrucción
del poder señorial. Ano 2011
Galván Malagón J. Carlos. Arquitectura militar y aspectos constructivos de las fortalezas bajomedievales.
Origen, función, contexto y evolución de las fortalezas de Altamira, Vimianzo y Cira. Ano 2011
Acceso aos traballos citados
https://goo.gl/XOjt3l
http://www.sedhc.es/biblioteca/actas/CNHC6_%20(52).pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7781650171Lonxitude: -8.35812807083
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 7, 2017
Nova do 7 de marzo de 2017:
http://historiadegalicia.gal/2017/03/o-castelo-polo-que-pasaron-reis-arcebispos-condes-cabaleiros-e-irmandinos-tamen-abandonado/?utm_source=dlvr.it&utm_medium=facebook