Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Borraxeiros (San Cristovo)
Lugar: Vilanova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro apousenta sobre dúas laxes que lle serven de plataforma ao pedestal prismático, coas arestas superiores moi rebaixadas en bisel, e do que arranca o varal. Este é de sección hexagonal e na parte superior tórnase circular, para dar pasa a un capitel que configura unha forma de esfera truncada polos extremos con unha moldura central que a divide en dúas metades. Vai adornada con gravuras de estrías, sendo as da parte superior de forma helicoidal. Amosa na cruz de sección cadrada as figuras dun Cristo e á Virxe cun manto e o corazón cos sete puñais cravados. As figuras están talladas de xeito sinxelo e cuns trazos propios da imaxinería popular.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8079680665
Lonxitude: -8.00463974476
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84