Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Ventosa (San Xulián)
Lugar: A Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Tumba antropomorfa situada ao 600 metros ao sueste da Igrexa de Ventosa. Atópase nun outeiro rochoso ao lado dereito dunha pista que sae ao leste do lugar da Eirexe e pasa pola banda sur da Campa da Carballeda. Ten a particularidade de amosar na pía espazo para albergar dous corpos, como se deduce do rebaixe dobre da parte superior do elemento que correspondería coas cabezas. Os pés da tumba están orientados ao leste e a cabeza ao oeste. Ao seu carón hai un gran rebaixe en forma de pía que parece natural e froito da erosión da pedra, pero ao lado dereito dos pés está un pequeno oco tallado con forma rectangular que parece formar parte do conxunto do sartego, pero foi feita polos canteiros que traballaban neste lugar de extracción de pedra para dar temple aos punteiros de picar a rocha.
As fotos da ficha son de Alex Negreira


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7331557453
Lonxitude: -7.97852039337
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84