Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Ventosa (San Xulián)
Lugar: Axiaz (Coto da Aspra)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Os petróglifos atópanse nun lugar de acceso ao Coto Cornellal, unha superficie amesatada con tres depresións hidrográficas e lugar de importantes xacementos arqueolóxicos de mámoas e petróglifos. Este petróglifo atópase cerca da vía de comunicación que entraría a Coto Cornellal polo sur e no lugar chamado Coto da Aspra. Moi cerca deste lugar estarían as mámoas de Coto Cornellal, Cima da Costa e Namelas. No que a petróglifos se refire, segundo o traballo dos autores citados na bibliografía que acompaña á ficha, a contorna próxima contaría con 18 estacións de motivos de cazoletas, 6 de círculo e 3 figurativos. Estes petróglifos de Coto da Aspra pertencería a estes últimos.
Constarían de gravados consistente en 7 figuras de puñais de diferente tamaño e outras 7 alabardas. Os puñais están representados dunha maneira moi esquemática, con empuñadura circular e dous deles en forma de espigo. Todos os puñais, excepto un, trázanse na superficie en posición de descanso coa empuñadura na parte superior, mentras as alabardas dispóñense en actitude de exhibición ou uso. Segundo os autores esta estación é a mais interesante das tres atopadas na zona, e están ausentes outros motivos que non sexan armamentísticos. Todos estes motivos están nunha parte moi inclinada da rocha e non se gravou practicamente nada nas súas partes horizontais. As fotos desta ficha son de Alex Negreira.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rodríguez Alvárez, Emilio. Rodríguez Rellán, Alvárez. Fábregas Valcarce, Ramón.
Arqueoloxía do coto Cornellal (Agolada) Tránsito e apropiación simbólica dun espazo.
Acceso ao traballo
https://goo.gl/6tXuym
Ruta wikiloc dende o lugar de Axiaz
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10803106


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7108044026
Lonxitude: -7.99615055323
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84