Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coristanco
Parroquia: Coristanco (San Paio)
Lugar: San Paio - Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

San Paio é unha igrexa barroca que se enmarca nun contorno de carácter rural. Presenta unha planta de nave rectangular única, con dúas capelas que se abren nos seus laterais. Está realizada con cantería de granito nos esquinais, torre-campanario e vans da porta e xanelas. O resto dos muros son de cachotería que van recebados e pintados de branco. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella.
Exteriormente concentra a decoración na fachada principal. Esta preséntase dividida en tres lenzos, por medio de pilastras de orde xigante apegadas ó muro, situándose no central unha porta rectangular alintelada e un pequeno oco de luz de característica semellante. Sobre a cornixa, que actúa como remate deste primeiro corpo, sitúase un frontón curvo que dá paso á torre-campanario e flanqueado por dous pináculos. O campanario de sección cadrada forma unha pequena torre de dous corpos, apoiada sobre unha base con cornixa no vértice do hastial. O corpo das campás componse de catro machóns unidos por arcos de medio punto cunha baranda de pedra na súa base e un dobre acornixamento moldurado no seu teito con pináculos rematados en bóla nas súas catro esquinas. Un cimborrio octogonal con xanelas alongadas con arcos de medio punto e unha cúpula octogonal nervada con pináculo con base e rematada cunha cruz de forxa rematan esta obra.
En conxunto é un edificio de gran sobriedade, donde a simplicidade das formas e os diferentes xogos simétricos ocupan un lugar preponderante.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J:R:; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña. Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volumen V. Deputación Provincial da Coruña, 1998. (Texto íntegro)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA002.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1902780459
Lonxitude: -8.76129090786
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84