Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coristanco
Parroquia: Cereo (Santa María)
Lugar: Cereo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dun templo barroco do século XVIII que se atopa aillado e afastado de calquera outra construcción. O edificio é de planta rectangular, con dous pequenos corpos situados nos muros meridional e setentrional, funcionando o primeiro deles como pequena capela, e o segundo como sancristía. O muros da igrexa son de cachotería, con perpiaños regulares nos esquinais, ocos, cornixas e campanario e cuns canzorriños nas súas cornixas laterais. A fachada principal presenta contrafortes nos seus laterais e no seu eixo vertical presenta a porta principal alintelada cun arco de medio punto, unha fornela coa imaxe da Virxe co Neno no colo e sobre esta un oco radial en forma de medio círculo acornixada con molduras. O hastial é acornixado con molduras de forma carpanel con golas e sobre os seus laterais aparecen rematados por dous pináculos piramidais. No punto máis alto sitúase a torre-campanario de planta cuadrangular, estando dividida en tres corpos, de considerables dimensións, dando sensación de inestabilidade. Esta componse dunha base acornixada e un corpo de campás formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto e unhas barandas de pedra. Sobre esto unha cornixa de pedra que se apoia un cimborrio de forma octogonal flanqueado por pináculos con bólas nas súas esquinas. Sobre o cimborrio unha moldura e unha cúpula octogonal rematada por un pináculo con bóla e unha cruz de ferro.
Interiormente, un arco triunfal delimita os espazos correspondentes á nave e ó presbiterio. Ós pés da nave sitúase un coro alto, ó que se accede a través dunha escaleira interior e a súa cuberta é de madeira a dúas augas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J:R:; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña. Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volumen V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA002.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2073848225
Lonxitude: -8.80184054375
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84