Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Vilaboa
Parroquia: Vilaboa (San Martiño)
Lugar: Chan de Castiñeiras
Outra denominación do ben: Mámoa de Chan de Castiñeiras 1
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:

A coñecida como Mámoa do Rei é o maior dos túmulos conservados na Chan de Castiñeiras, unha necrópole megalítica composta por, cando menos, sete mámoas.

O túmulo é de dimensións considerables, uns 25 metros de diámetro por máis de 2 metros de altura. Un anel perimetral de pedra delimita o montículo, protexido por unha coiraza de pedras de mediano tamaño. No centro áchase unha anta ou dolmen de corredor, conformada por catorce ortostatos verticais que sosteñen as catro lousas do teito. A cámara mide uns tres metros de diámetro, e está cuberta por unha enorme lousa na que hai talladas, na cara superior, varias cazoletas. No interior, un dos esteos amosa unha decoración de liñas gravadas en zigue-zague, ademais dunha figura en forma de cruz ou antropomorfa. Conserva tamén restos de pintura. O corredor oriéntase ao leste, e mide uns tres metros de lonxitude. está cuberto por tres lousas, en altura decrecente segundo se alonxan da cámara. Nas escavacións, apareceron ídolos antropomorfos xunto á entrada.

O túmulo era coñecido dende os anos 50 tras as prospeccións realizadas no Morrazo polo arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Despois, a mámoa sufríu un lamentable abandono e deterioro, conservando só algúns dos esteos in situ. No verán do 2001, unha intervención arqueolóxica reconstruíu o monumento, reintegrando a lousa que cubre a cámara, partida en dous, ademais de recuperar diversos materiais cerámicos e líticos.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36058007
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LÓPEZ GONZÁLEZ, P., PEÑA SANTOS, A. de la. “Los grabados megalíticos de la `Mámoa do Rei´, Pontevedra”. Gallaecia, I. Departamento de Prehistoria da Facultade de Xeografía e Historia. Santiago de Compostela, 1975. páxinas 63-75.

CASTRO CARRERA, J. Carlos, VÁZQUEZ COLLAZO, Santiago. “La “Mámoa do Rei”, rehabilitación de un yacimiento tumular en el marco de su puesta en valor (Chan de Castiñeiras – Vilaboa – Pontevedra)”, en V Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos. Conservación e presentación de xacementos arqueolóxicos no medio rural. Impacto social no territorio. Santiago de Compostela, 2007. Páxinas 205-211.
ISBN 978-84-453-4473-6


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.358317969128315
Lonxitude: -8.672681450843811
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84