Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Coristanco
Parroquia: Coristanco (San Paio)
Lugar: Cemiterio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” coa plataforma enterrada e pedestal cuadrangular achafranada. O seu varal é octogonal rematado en cadrado no que vai un capitel cuadrangular moldurado. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e polo seu anverso ten as figuras de tres cravos e unha cartela coas siglas INRI. No reverso da cruz ten a figura dun corazón con sete espadas cravadas. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A primeiros de xaneiro de 2019, posiblemente un coche, chocou con el e esnaquizouno en cinco partes. Pouco máis de tres meses despois, foi restaurado por “Penela Restauración y Conservación”. Agora o cruceiro volve a lucir de novo pero, igual deberían facerlle unha protección contra outro posible choque.


Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1920262895
Lonxitude: -8.76451224089
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84