Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Posmarcos (Santo Isidro)
Lugar: O Cruceiro Novo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de Loreto ou de Capela que nace sobre dous chanzos e unha base de sección tronco-piramidal. A base conserva unha serie de inscrición moi desgastadas de difícil lectura.
O seu groso varal octogonal da paso a unha capeliña cunha fornela que posúe derrame interno. No seu interior podemos ver unha imaxe pétrea da Virxe con Neno no colo.
O conxunto coróase cunha cruz tipo latina coa imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.
Este cruceiro foi reconstruído no século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 25 de abril de 2020 divulga a triste nova do roubo da imaxe deste cruceiro, pero felizmente a imaxe volveu aparecer o 8 de agosto do 2020 (ver referencias bibliográficas)


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca003.pdf (Ficha 2 – Páxina 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA007.PDF (Páxina 5)

ROUBO DA IMAXE (25 DE ABRIL E 8 DE AGOSTO DE 2020)
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/04/25/roban-imagen-cruceiro-capilla-datado-siglo-xviii-pobra/00031587805945770252167.htm

Continúan as desfeitas patrimoniais en Barbanza coa desaparición da imaxe dun singular cruceiro da Pobra

Aparece a imaxe do Cruceiro Novo da Pobra, roubada durante o Estado de Alarma


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6247783013
Lonxitude: -8.93670067191
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84