Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Posmarcos (Santo Isidro)
Lugar: Armental
Outra denominación do ben: Cruceiro de San Isidoro
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O que aquí vemos son os restos dun cruceiro do ano 1779.
O que hoxe queda son os catro chanzos cadrados e a súa base coasarestas achafranadas.
O cruceiro posuía varal octogonal, un capitel moi decorado con caras de anxos e unha cruz coa imaxe de Cristo crucificado.

Fai poucos anos o cruceiro foi embestido por un coche. os restos esnaquizados atópanse custodiados no Concello de A Pobra do Caramiñal.
Con data 12 de outubro de 2021, a A prensa dixital anuncia a recuperación deste cruceiro, tal e como se pode ver na 2ª fotografía desta ficha tirada da web (Ver referencia bibliográfica)

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca004.pdf (Ficha 6 – Páxina 2)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA007.PDF (Páxina 5)
https://arousanorte.es/www/Puebla%20OEP%20Cruceiros%20spanish.htm
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150670305.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
MARTIN RUIZ, Luis. (1999). Cruceiros da provincia da Coruña. Ed: Deputación Provincial da Coruña.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA – POBRA DO CARAMIÑAL (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15067/APobraDoCaraminal.pdf)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html

RECUPERACIÓN DO CRUCEIRO
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2021/10/12/cruceiro-abuin-pieza-siglo-xviii-tienta-suerte/0003_202110B12C2998.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6309414894
Lonxitude: -8.93415927887
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84