Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vimianzo
Parroquia: San Xoán de Cambeda
Lugar: Cambeda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Nesta igrexa de Cambeda a arquitectura é de base románica, se ben a capela maior é neoclásica (fins do século XVIII ou principios do XIX), ó igual que a capela meridional, do último tercio do século XVIII. Pola súa parte, a torre-campanario é Barroca, derradeiros anos do século XVIII, e a capela do lado norte, dedicada ó Perpetuo Socorro, cúbrese cunha bóveda de crucería nervada que nos remite ó século XVI de pervivencias góticas. A sancristía encádrase dentro do clasicismo do último tercio do século XVII e destaca no conxunto, nela atópanse caprichosas figuras nas seis ménsulas que suxeitan o teito. Trátase de seres míticos ou simbólicos, de rostro humán, animais imaxinarios, etc.. Non hai relación de continuidade entre as figuras e probablemente nin sequera teñan significado simbólico conscente. Cóidase que se colocaron cunha finalidade meramente decorativa. Ten planta de salón formada por unha capela maior rectangular e unha soa nave tamén rectangular; no muro norte ábrese unha capela lateral, mentras que no muro sur sitúase a sancristía e outra capela. O presbiterio aparece cuberto con bóveda de canón de cantería de granito e un arco triunfal volteado comunícao coa nave. Arcos de medio punto dan acceso dende o interior desta última ás capelas laterais. O conxunto complétase cunha tribuna situada ós pés do edificio. O presbiterio está cuberto a catro augas e o resto do edificio a dúas. A fachada presenta unha porta de entrada adintelada dominada por unha fornela coa imaxe de San Miguel. Sobre ela, unha seteira ilumina debilmente o interior. O remate é unha sinxela cruz, xa que o campanario aparece adouado ó muro sur, sendo de grandes dimensións e de base cadrada, sobre o que se asenta o corpo de campás. O último corpo do campanario fórmao un cupulín formado por un tambor poligonal e unha cúpula bulbona que confire unha maior altura ó conxunto no que a decoración a base de pináculos é abundante. Destacan os canzorriños que sosteñen o teito da sancristía, son de estilo barroco e aparecen tamén no interior soportando o peso do teitume.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.;FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricosa,Santa Comba, Vimianzo e Zas». Vol. X, Deputación Provincial da Coruña, 1998.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.093630539614786
Lonxitude: -9.040187001228332
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84