Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Ventosa (San Xulián)
Lugar: Axiaz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

O Coto Cornellal conforma unha pequena meseta de menos de 1 Km² ao sur do lugar de Axiaz e ao norte do río Turubelo. O conxunto arqueolóxico deste lugar foi dado a coñecer a raíz dos traballos levados a cabo sobre o fenómeno tumular na comarca do Deza entre os anos 2001 e 2004. Este petróglifo corresponderíase a unha estación das tres existentes en Coto Cornellal con motivo figurativo fronte a outros 18 da zona que só amosan cazoletas e 6 con motivos circulares que son referenciados no traballo “Arqueoloxía do coto Cornellal (Agolada) Tránsito e apropiación simbólica dun espazo”.
O petróglifo referénciase neste estudo coa estación P21. Está nunha pequena superficie chan na que está gravada unha espada con representación da empuñadura, e cerca dela un pequeno motivo inédito consistente nunha forma gravada en baixorrelevo que amosa tres protuberancias aliñadas lonxitudinalmente.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rodríguez Alvárez, Emilio. Rodríguez Rellán, Alvárez. Fábregas Valcarce, Ramón.
Arqueoloxía do coto Cornellal (Agolada) Tránsito e apropiación simbólica dun espazo.
Enlace web https://goo.gl/ZEglwd

Unha ruta en Wikiloc ao petróglifo do Coto Cornellal 2 en Axiaz
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10816111


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7162259783
Lonxitude: -8.00226330757
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84