Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Mariña Central (comarca) / O Valadouro
Parroquia: Recaré (San Xiao)
Lugar: Serra do Xistral (Chao de Sinás)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Conxunto formado por dúas mámoas, unha a carón da outra. Unha delas aínda conserva a laxe que conformaría a cuberta da cámara, desprazada e apoiada nos tres esteos que compoñían unha planta rectangular. A outra mámoa non ten cuberta e non conserva esteos. Amosan os dous túmulos abundante cachotería espallada pola superficie que pertencería as súas correspondentes courazas. Tipolóxicamente denominaríanse “arcas megalíticas” e pertencerían a fase tardía dos dólmenes galegos, que iría entre os 2500 e 2000 a. de C., preludio do que van a ser máis tarde as cistas .


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Un home do Cadramón e o seu fillo viñan cunhas bestas cargadas de sal dende Viveiro. O rapaz, perseguindo un paxaro que se metera debaixo das pedras, atopou un tesouro formado por moedas e un cabrito de ouro.
Do enlace http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/2014/05/as-arcas-de-sinas.html


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Unha ruta en wikiloc
https://www.google.com/maps/d/viewer?hl=es&mid=z3QiYSglpR0M.kxQOGflv02WU


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5417435849
Lonxitude: -7.54113793373
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84