Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Friol
Parroquia: San Pedro de Narla
Lugar: Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

De estilo románico rural e influxo xacobeo aínda que coas reformas e aditamentos posteriores. Aparello de sillar e espadana a dúas augas encol da fachada principal. Nave cuberta de madeira e lousa tamén a dúas augas. Porta principal e lateral alinteladas, froito de reconstrucións posteriores á fábrica orixinal. Dous sinxelos contrafortes en cada un dos muros laterais. Ábsida caracteristicamente románica, da segunda metade do século XII ou comezos do XIII. A sancristía é unha obra posterior, probábelmente do século XVII.
Accédese a ela desde a CP-2106, no Chao débese tomar a estrada que cruza o río, tars pasar varias edificacións, a igrexa fica ao final do núcleo da Eirexe, a man dereita.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.059910425
Lonxitude: -7.7728836266
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84