Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carral
Parroquia: Sumio (Santiago)
Lugar: Celas
Outra denominación do ben: Santiago de Sumeo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa atópase en pleno Val de Barcia, no lugar de Cela, parroquia de Sumio, na súa ladeira norte, dende a cal existen unhas fermosas vistas ó longo de todo o val, por onde discorre o antigo Camiño de Santiago (Ferreira Priegue).
Foi mandada construir polos señores de Vilasuso no ano 1776. Destaca o seu retablo barroco na sacristía. Ata mediados do século pasado as referencias á parroquia eran Santiago de Sumeo. Ten planta de cruz latina con presbiterio máis elevado que o resto da nave e sancristía acaroada no lado leste. Tellado a duas augas, agás no presbiterio e naves laterais que vai a tres. Na fachada, porta alintelada con remate en orelleiras e un van cadrado no centro. Remata no cume con espadana de dous ocos con arcos de medio punto para albergar as campás. Por enriba remata esta en frontón partido e no centro leva cruz.
A igrexa non se atopa inventariada no PXOM de Carral nin tampouco no Inventario do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia (http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/), nembargantes si o está o Cruceiro de Sumio.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: non
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Referencias ó topónimo San Pedro de Sumeo:
– La población de Galicia (1500-1945) según los documentos estadísticos y descriptivos de cada época. Javier Ruiz Almansa. Consejo Superior de Investigaciones Científicas,1948.
– La Parroquia rural en Galicia. Xosé Fariña Jamardo. Instituto de Estudios de Administración Local, 1975.

Referencias ó Vello Camiño de santiago:
– Los Caminos medievales de Galicia.Elisa María Ferreira Priegue.Museo Arqueolóxico Provincial, 1988


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1935453043
Lonxitude: -8.3797493577
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84