Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Bergondo
Parroquia: Bergondo (San Salvador)
Lugar: Mariñán
Outra denominación do ben: Pazo de Láncara ou de Bergondo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Sitúase na marxe esquerda da ría de Betanzos. Presenta elementos barrocos no seu corpo arquitectónico e no seu xardín de estilo francés. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1972.
Ten a súa orixe no século XV. Gómez Pérez das Mariñas I, nobre da corte de Xoán II de Castela, mandou construír unha defensa. Inicialmente era coñecido como Pazo de Bergondo. Gómez Pérez das Mariñas participou activamente na Gran Guerra Irmandiña (1467-1469).
Foise herdando de pais a fillos até chegar a mans de Gerardo Bermúdez de Castro y Suárez de Deza, señor de Láncara. Ao morrer este en 1936 sen descendencia, o pazo quedou legado á Deputación da Coruña para fins sociais. Ao ser os seus últimos propietarios Señores de Láncara, o pazo foi coñecido polos seus contemporáneos como Pazo de Láncara, sendo así recordado pola veciñanza de máis idade. Asemade na declaración como conxunto histórico artístico no 1972 se fará mención a este dobre nome, que oculta o máis antigo de Pazo ou Quinta de Bergondo.
Á morte deste benfeitor a súa doazón pasou case inadvertida; o Pazo foi nomeado Fogar Xeneralísimo Franco e co beneficio de ventas de terras se fixeron colexios e outros centros asistencias, ningún dos cales leva o seu nome.
O xardín do pazo está declarado coma Ben de Interese Cultural e conta con exemplares botánicos de gande importancia, tres deles figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

Reúne boa parte da colección artística da Deputación da Coruña.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

José Manuel García Iglesías (2001). Guía dos pazos de Galicia –
A Coruña. Editorial Galaxia S.A. ISBN 84-8288-434-4.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3172910763
Lonxitude: -8.2163465023
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84