Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Arzúa (comarca) / Touro
Parroquia: Loxo (Santa María)
Lugar: Torreis de Abaixo
Outra denominación do ben: A Cubela do Couto de San Sebastián
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

O recinto componse dunha superficie aterrazada de forma elíptica duns 50 metros no eixo oeste–leste e 20 metros no norte-sur, situada a 278 m. de altitude. Está rodeado por un pequeno parapeto, máis apreciable na zona norte e moi esmorecido na parte sur desta plataforma que encara ao río. Dende este lugar unha nova defensa ou muralla de terra e pedra cerca unha parte do monte que está na banda norte. Este outro recinto ten unhas medidas de 130 metros de norte a sur e uns 50 de ancho, de leste ao oeste. Polo leste limita cos grandes cantís das pendentes de pedra que conforma o canón do canle Rego das Pucheiras. Ten visión do monte do Castro de San Sebastián que se levanta ao leste a 500 m. en liña recta, pero con 115 metros máis de altitude. O lugar está inzado de maleza e só se pode apreciar a pedra do parapeto, tamén gran cantidade de barro, na zona de entrada do extremo norte e debido a que está a ser usada por algúns animais do monte para facer as súas tobas. Na foto principal da ficha o parapeto da entrada, pola norte. Na secundaria a forma do recinto en plano lidar. No mapa de fortificacións romanas na zona noroeste da península, do traballo “La presencia del ejército romano en las montañas de El Bierzo (León): novedades arqueológicas” vén sinalada co numero 35 .


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Vidal Encinas, Julio Manuel; Costa-García, José Manuel; González Álvarez, David ; Menéndez Blanco, Andrés:La presencia del ejército romano en las montañas de El Bierzo (León): novedades arqueológicas (2018)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8643817067
Lonxitude: -8.3584177494
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84