Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baiona
Parroquia: Baíña (Santa Mariña)
Lugar: San Cosme
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Fonte que consta dunha pedra granítica facendo de fachada principal, unha cornixa e unha amea en posición central coroada cunha cruz latina.
A pedra principal posúe a seguinte inscrición:
“LA HISO DE LIMOSNA D. BAR
THOLOMÉ LOSSADA AÑO
1752”
Na parte baixa podemos ver dous canos que verquían a unha pía.
D. Bartolomé Losada foi un presbítero veciño de Santa cristina da Ramallosa.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Sobre esta fonte atopamos varias lendas e tradicións á que se lle atribúen virtudes curativas.
Segundo unha informante local, pola parte traseira da fonte existía un coiro de cervo cheo de “libras esterlinas” e unha cruz de ouro. Segue contando o seguinte:
“Un día ás doce da noite, intentaron ir buscar o tesouro; tiña que ser ás doce, pero tiñan que levar o libro dun home de San Antón (Baiona) que explicaba como facelo (seguramente o Ciprianillo).
Foron tres persoas: a miña tía, o do libro e o meu tío. Miña tía fixo o círculo de Salomón, meteuse nel e cunha vela alumeáballe ao que ía lendo o libro e ao marido que escavaba detrás da fonte.
Cando ían na metade do buraco tiveron que abandonar o traballo polos chispasos e tronos que había e o ruído de carros que parecía que baixaba polo camiño. Tiveron que virse para casa e ao saír de alí, calmouse a noite”
Tamén se conta que os romeiro que asistían ás celebracións en San Cosme non podían volver as súas casas sen tomar auga da fonte, igual que as nais con nenos enfermos, que durante a noite de San Xoán asistían con eles a tradicional fogueira e logo participaban nos ritos onde estaba presente a auga desta fonte que lles devolvía a saúde.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
MARTÍNEZ TAMUXE, X. e MARTÍNEZ BARBOSA, J.R. Santa Mariña de Baíña e o Emeritorio de San Cosme. Aproximación Histórica. Comunidade de Montes de Baíña. Gráficas Lomba, O Rosal. 2008
Enlace ao catálogo do PXOM do concello de Baiona, ano 2014
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BAIONA/documents/27883ca002.PDF
(Páxina 3)
http://valminor.info/baiona/3186-o-concello-de-baiona-recolle-un-rexistro-con-mais-de-90-fontes-e-lavadoiros-distribuidos-polo-municipio
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/02/14/0003_8294199.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase moi deteriorada.
Onde está localizado
Latitude: 42.0885254639Lonxitude: -8.85198175907
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84