Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: A Illa de Arousa / Salnés (comarca)
Parroquia: Illa de Arousa (San Xulián)
Lugar: Illa do Guidoiro Areoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Idade do Bronce,
Descrición:
O illote de Guidoiro Areoso está situado no medio da ría de Arousa, a uns 1400 metros en liña recta da Illa de Arousa, aínda que ata hai 3.500 anos formaba parte dunha península unida ao continente, debido a que o nivel do mar se situaba uns 6 metros por debaixo do actual. Ocupa unha superficie de 8 hectáreas cuns 600 metros de lonxitude de norte a sur por menos de 200 na súa parte máis ancha, mentres que na máis estreita as mareas máis vivas chegan a dividilo en dous nos últimos anos. Ao manterse illado e cuberto por unha duna en boa parte da súa extensión, e ademais polo feito de nunca ser cultivado, conserva restos arqueolóxicos en boas condicións, aínda que algúns deles corren o risco de ser destruídos pola forza das mareas .
Coñécense un total de cinco de monumentos megalíticos de finalidade funeraria así como vestixios de ocupación durante o neolítico e a idade de Bronce, en maior parte cerámicas e ósos de animais. Os restos que se coñecen están en zona intermareal e enterrados baixo a area, no paleosolo que vai quedando á vista pola acción do mar.
A relación dos achados prehistóricos con estes paleosolos foi claramente establecida coas catas abertas en varios puntos do illote durante a investigación de 1988, e sempre foron atopadas no solo soterrado de cor negro, variando entre 5 e 30 centímetros de profundidade. No 2012 os arqueólogos da Xunta José Manuel Rey e Xosé Ignacio Vilaseco publican: Guidoiro Areoso. Megalithic cemetry and prehistoric settlement in the Ría de Arousa (Galicia, NW Spain), onde se estudan cinco mámoas do illote dando conta das súas características, materiais atopados e o grao en que están afectados polas mareas. No 2015 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, fixo unha intervención arqueolóxica realizada en Guidoiro Areoso, que tiña como obxectivo levar a cabo varias sondaxes valorativas dos restos, así como labores de conservación .
As fotos da ficha son de Juán Carlos Collazo Alejandre.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Manuel Rey, José. Vilaseco, Xosé Ignacio: Guidoiro Areoso.
Megalithic cemetry and prehistoric settlement in the Ría de Arousa
https://guidoirodixital.wordpress.com/a-arqueoloxia/
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/3980/intervencion-arqueoloxica-realizada-illote-areoso-saca-luz-varios-restos-ceramica
http://apedradoencanto.blogspot.com.es/2008/12/o-guidoiro-areoso.html
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/01/16/ghidoiro-areoso-un-privilexiado-espazo-arqueoloxico-con-conta-atras/
https://gl.wikipedia.org/wiki/Illa_Guidoiro_Areoso
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A forza das mareas e a subida do nivel do mar ameazan con destruír o asentamento.
Onde está localizado
Latitude: 42.5412714786Lonxitude: -8.90000939369
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Set 27, 2015
Acceso ao traballo de
José Manuel Rey García e Xosé Ignacio Vázquez Vilaseco
https://www.academia.edu/2380593/Guidoiro_Areoso._Megalithic_cemetry_and_prehistoric_settlement_in_the_R%C3%ADa_de_Arousa_Galicia_NW_Spain_
O proxecto Guidoiro Dixital coa localización de cada dolmen
e información dos xacementos
https://guidoirodixital.wordpress.com/a-arqueoloxia/
Estevo says:
Out 3, 2015
https://gl.wikipedia.org/wiki/Illa_Guidoiro_Areoso
Oscar Franco says:
Xuñ 8, 2016
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vai realizar a escavación arqueolóxica da mámoa 4 do Areoso no verán de 2016:
https://guidoirodixital.wordpress.com/2016/06/07/a-xunta-de-galicia-escavara-no-2016-a-mamoa-4-do-areoso/