
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: Acevedo
Outra denominación do ben: Fonte de San Xosé de Largavista (desusado)
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX, Século XX,
Descrición:
A Fonte de San Xosé da Landreira atópase a carón da capela do mesmo nome.
Trátase dunha fonte “de mina”, na que o manancial se atopa nunha mina xusto detrás da fronte da fonte.
O espazo da fonte ten planta en “U”, traballada con bo perpiaño. Preséntase sen a tampa da mina do manancial, perdida. O cano, inserido por baixo da entrada á mina, baleira nunha pía cadrada. A parte central da fonte remata cunha moldura con boceis.
Presenta un banco corrido, tamén de pedra, ó longo das paredes laterais.
No século XX engadíuselle, lamentablemente, un “barril do sulfato”, do lado dereito da fonte. Trátase este dun contedor de cemento para disolver o sulfato de xofre.
Diante ten un pozo de regar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Non ten
Tradición oral:
Non se coñece dato algún, pero a súa proximidade á capela de San Xosé e a súa inclusión nos terreos que, antano, formaron parte da finca, fan inevitable asociala a ambas cousas.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3494181285Lonxitude: -8.59559074044
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84