Outra fotografía:
Tipo de ben: Pombal,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: Acevedo
Outra denominación do ben: Pombal de San Xosé de Largavista
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Pombal de planta circular, levantado con perpiaño regular e escasa altura,aproximadamente 1,70 m. Carece de tellado desde hai uns 50 anos, aproximadamente, sen referencias a se era cónico ou plano a unha soa auga. Por comparación con outros pombais da zona cabe inclinarse pola cuberta cónica de tella portuguesa.
No interior aprécianse perfectamente os pombeiros para os niños, distribuídos en fileiras uniformes desde o chan ata o teito.
Está, claramente asociado, á finca da Landreira (Largavista) e, por ende, á capela e vivenda que nelas se atopan, así coma ós lavadoiros e fonte do complexo agrícola.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Non ten
Tradición oral:
Non hai.
Só apuntar que o dato do tellado é polo algún comentario de miña nai, que lembra “que aínda lle quedaban algunhas tellas cando eu era pequena”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Non hai
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A falta de uso, o abandono e a indefinición de propiedade deron con el na ruína. Ó non ter un propietario claro, ninguén se fai cargo del.
Onde está localizado
Latitude: 42.3494696679Lonxitude: -8.59544724226
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84