Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Arzúa (comarca) / O Pino
Parroquia: Castrofeito ( Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está a unha altitude de 350 m., ao leste do monte Millario e na marxe dereita do Rego do Amenal, que co seu canle encaixado nunha valgada sérvelle de defensa natural por esa banda. A croa de forma redondeada ten uns 90 metros de diámetro interior. As defensas acadan unha lonxitude de 12 metros e unha altura de 5 m., aproximadamente, pola zona que vai do norte ao oeste, estando polo resto do castro desaparecidas debido aos labores agrícolas e forestais ao longo do tempo.
O asentamento queda ao sur da ruta xacobea ao seu paso por Santiso, lugar onde apareceron restos que falan dunha importante presenza romana, como son inscricións aos lares viais e unha placa adicada a un liberto de orixe grega, así como posibles restos do firme dunha vía. Deduciuse por estes achados actividade romana nesta zona entre os séculos I e IV d. C.
O folclore fala dunha antiga capela no castro, a cal non se recordan ver nin os máis vellos. No castro estaría soterrado un carro, un arado e unha grade, xunto con outras ferramentas, e todas serían de ouro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 15066018
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

O folclore fala dunha antiga capela no castro, a cal non se recordan ver nin os máis vellos. No castro estaría soterrado un carro, un arado e unha grade, xunto con outras ferramentas, e todas serían de ouro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OPINO/documents/0305CA001.PDF
pax. 4


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Moi alterado polas labores forestais, sobre todo de plantación de eucaliptos


Onde está localizado

Latitude: 42.9217534187
Lonxitude: -8.39977741241
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84