Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: O Saviñao / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Piñeiró (San Sadurniño)
Lugar: Rega do Beirán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:

Túmulo identificado no Preinventario de Bens Arqueolóxicos da Xunta de Galicia e no Catálogo de Bens Arqueolóxicos do Concello do Saviñao.
A parcela na que se atopa, de propiedade colectiva dos veciños do lugar do Beirán, foi usada tradicionalmente para paceren as vacas. A inicios do século XXI o seu uso detívose, comezando unha fase de abandono que ocultou a medorra entre o mato ata a súa identificación en 2014.
Posúe un diámetro máximo de 15 m e unha altura máxima de 0,80 m, con restos de coiraza. No cimo asoma un chanto de xisto que podería pertencer á cámara. Sitúase próxima ao lugar de nacemento do rego Saviñao, entre os agrupamentos da Costa do San Antonio e das Penas de Sanguñedo (ubicación do conxunto arqueolóxico).
En 2015 o túmulo foi rozado e sinalizado por persoas voluntarias, cunha implicación especial da veciñanza, no marco da iniciativa Á luz das mámoas. Estes traballos axudaron á súa incorporación ao Preinventario de Bens Arqueolóxicos da Xunta, pois ata entón constaba só como referencia (GA27058REF027).


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA27058090
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ LOSADA, Ramón Carlos (director) (2012): “Catálogo de Bens Culturais (Tomo I)”, “Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello do Saviñao”, Fase IV, documento para aprobación inicial (catalogación levada a cabo por Iván Álvarez Merayo).

IGLESIAS BARRILERO, Diego (2016): “Plan de xestión dun conxunto tumular no concello do Saviñao. Bases para a súa aplicación” (TFG inédito).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

En 2014 foron escavados deslindes de demarcación dos MVMC de Cazón e Abuíme como resultado dun conflito veciñal. Un deles pasou pola área de protección do ben arqueolóxico e destruíu a case totalidade do vello camiño que ligaba O Beirán coa estrada LU-P-5810.


Onde está localizado

Latitude: 42.62192
Lonxitude: -7.6264
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84