
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cangas
Parroquia: Aldán (San Cibrán)
Lugar: San Cibrán de Aldán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A Igrexa parroquial de San Cibrán de Aldán é un edificio construído en 1886, en estilo ecléctico-historicista.
Ten pranta rectangular, cunha soa nave, á que se lle engade a capela maior, cadrada. Tanto a nave como a capela son de estilo neogótico, con bóveda apuntada a nave, e estrelada o presbiterio. Fiestras con arcos oxivais ábrense nos muros laterais para dar luz ao templo.
A fachada, pola contra, remeda o estilo neoclásico. Unha porta sinxela, con arco de medio punto, baixo un nicho coa figura do santo, ábrense no centro de catro longas pilastras de capitel toscano e fuste liso, que recorren en baixorrelevo toda a fachada de arriba abaixo. Estas pilastras sosteñen un entaboamento con friso dividido en triglifos e metopas con decoración de flores, que se interrumpe para deixar espazo a un óculo con reloxo. Sobre o pincho érguese unha esvelta torre composta de dous corpos cuadrangulares superpostos, con arcos de medio punto e rodeados nas catro caras do seu correspondente balcón, de balaustres o primeiro, e de celosía de círculos enlazads o segundo. Coroando o conxunto, unha cupuliña asentada sobre un tambor octogonal, con arquiños en catro dos seus lados.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.27921392298458Lonxitude: -8.815879225730896
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
franjopadin says:
Out 15, 2011
A Igrexa de San Cibrán de Aldán está catalogada nas
Normas Subsidiarias Municipais de Cangas.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745CA003.pdf
Oscar Franco says:
Ago 14, 2013
No adro parroquial podemos admirar un fermoso mausoleo decimonónico.
Construído en 1879, segundo consta na inscrición. Obra tamén atribuída a Antonio Cerviño. Na actualidade atópase considerablemente deteriorada. Garda unha gran semellanza co mausoleo do cemiterio de Cangas, aínda que o de Aldán é de características máis sinxelas. Con esta obra, serían catro as realizacións atribuídas a Cerviño no Morrazo: os dous mausoleos, a fonte da Colexiata de Cangas e o Cruceiro de Hío.