Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: Acevedo
Outra denominación do ben: Casa do Xerelo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cunha tipoloxía que se pode definir coma “casa do pincho” (M. CAAMAÑO SUÁREZ, A CASA POPULAR. CADERNOS DO MUSEO DO POBO GALEGO, 1999.115 P.: IL. ISBN 84-88508-19-0), pola súa planta rectangular e tellado a dúas augas coa cumbreira marcada na fachada, trátase dunha vivenda usada coma almacén, de propiedade privada.
Son de destacar as laxas que cobren as cumieiras, tanto dianteiras coma traseiras, que agachan canos de pedra que desaugan nas partes baixas do tellado.
Aínda que os propietarios lle botaron un tellado de uralita, voltaron a colocar a tella portuguesa que debeu de ter en orixe, sobre esta “protección”. Por unha banda está pegada a outra vivenda. Polo outro lado, o carreiro que se supón daba acceso á pequena horta da casa, veuse atuído polas obras da casa veciña. Precisamente neste lateral, nunha porta secundaria, aparece gravadas unha cruz, un xis (“X”) e a data: 1706.
A imposibilidade de acceder ó interior dificulta a súa descrición, que só se pode limitar ó exterior, definido polo porpiaño que conforma as paredes.
Curiosamente, pola parte traseira, e noutra horta probablemente que nun momento pertencera á mesma famila, pois hoxe en día a horta pertence á “Casa da Carriza”, cuxos donos son familiares do propietario da que nos ocupa, hai un canastro coa data de 1700 e pico.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Descoñecidos
Tradición oral:
Non se coñece
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3538305455Lonxitude: -8.5910564661
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84