Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Abanqueiro (San Cristovo)
Lugar: Abanqueiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de ánimas que nace sobre unha estrutura cadrada feita a base de perpiaños irregulares de diferente tamaño, e dous chanzos de sección cadrada, un deles moldurado.
A súa base cúbica coas arestas rebaixadas soporta un varal que comeza cadrado e prosigue octogonal.
O capitel, sinxelo e cadrado remata nunha cruz de sección octogonal con nós. Nela podemos ver a imaxe de Cristo crucificado.
O peto de ánimas forma parte dun dos chanzos. Posúe as imaxes de San Antón en posición central e dúas ánimas aos laterais.
Pola parte baixa podemos ver o caixón das esmolas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA004.PDF (Páxina 8)
http://boiro.org/boirodata/Features/267/Files/ABANQUEIRO.pdf
https://cruceirosdegalicia.xyz/150110108.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Deputación da Coruña.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA. BOIRO (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMBoiro.html)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6385454659
Lonxitude: -8.85183155537
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84