
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Vila de Cruces
Parroquia: Gres (Santiago)
Lugar: Cirela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
O asentamento fortificado sitúase no máis alto do cume do monte Castromouzo e está rodeado de fortes pendentes por todas as súas extremas. Ten inmellorable visión sobre a súa contorna a unha altitude de 290 m., e a 220 m. sobre o val que se forma no encontro das canles dos ríos Deza e Ulla. Dominaría, entre outros puntos, o paso da vía de comunicación que atravesa por Ponte Ledesma, e ten boa visibilidade sobre o mosteiro de Camanzo. A croa de forma elíptica mide 60 m. no eixo norte – sur e 45 m. no leste – oeste. Estas medidas incluirían as murallas que o rodean, feitas de cachote e terra, duns catro metros de altura e duns 10 m. de ancho. Na parte central do recinto hai unha elevación que forma un rechán de forma circular duns 15 metros de díámetro, e que posiblemente servira de base a unha torre de vixilancia ou atalaia de estrutura parecida os castelos roqueiros existentes en época medieval. Na parte norte onde se perde un pouco a visibilidade do val por mor da largeza do alto do monte, a pouca distancia da entrada e xa fóra do recinto, hai un pequeno esporón no monte que parece que foi acondicionado como terraza e onde se pode apreciar un desmonte na rocha froito da extracción de pedra, así como muros de contención das pendentes.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36059019
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Plano da zona no Pxom de Vial de Cruces
http://www.viladecruces.gal/images/PDF/PXOM/Tomo8/O-4-22.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILADECRUCES/documents/1002CA001.PDF
pax 8
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Hai antenas de telecomunicación moi preto da entrada. Cortouse parte das defensas para as súas cimentacións e pódese apreciar a parte do muro esborrallado.
Onde está localizado
Latitude: 42.7844330763Lonxitude: -8.32997560501
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Vitor García says:
Out 6, 2015
Dicir que o estado de conservación deste emprazameto é bo tal e como eu o vin fai catro días é moito dicir. Dentro do propio xacemento hai unha torreta de telecomunicacións feita non fai moitos anos. Tal obra dou en perxuducar unha parte importante do acceso a fortaleza e da mesmo xeito a parte da mesma. Extramuros do xacemento hai partes interesantes que semellan non estar reflexadas nas fichas patrimoniais, se ben entran no réxime de protección debido ó radio do mesmo non son mencionadas. Polo amplo dominio que exerce sobre o territorio debería ser, ó meu entender, obxecto dunha investigación algo máis exhaustivo do que se lle deu nunca.
elixiovieites says:
Out 7, 2015
Ola Victor. Dentro dos castros e fortalezas que se conservan nos montes e que están expostos a todo tipo de barbaridades, non é do peor que teño visto, de verdade. Outras fichas de catálogos soen poñer este tipo de estado como bo. Outra cousa é o das antenas que é mencionado na ficha no apartado “Atópase en perigo”, o texto di : Hai antenas de telecomunicación moi preto da entrada. Cortouse parte das defensas para as súas cimentacións e pódese apreciar a parte do muro esborrallado”.
Non tiven acceso á ficha, só ao plano da zona no Pxom de Vila de Cruces. Creo que aínda non se aprobou definitivamente e non vin por ningún lado a descrición deste lugar no catálogo http://www.viladecruces.gal/index.php/gl/aprobacion-inicial-pxom. pois está imcompleto. Se tes algunha información ao respecto da ficha agradeceríache a información. Tamén fago mención aos exteriores do asentamento, pero sen máis datos e nunha visita rápida non se pode observar con precisión debido á vexetación.