Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Padrón
Parroquia: Cruces (Santa María)
Lugar: Queiruga
Outra denominación do ben: Marco do Couto de Lampai
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Marco do Couto que o rei Afonso VII donou no ano 1156 ao plebeo Sancho Eanes cerca das terras de Iria Flavia. Hoxe está nun inestable outeiro artificial que quedou despois da explotación dunha canteira. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis poboadas do Reino de Galicia. No ano 2002 foi cando se localizou este fito durante a procura dun camiño medieval. Atopáronse despois dous marcos máis dos outros tres restantes. Esta pedra ten aproximadamente 1´80 m. de altura e 60 cm de ancho por cada unha das caras. Xunto coas outras dúas aparecidas ten a inscrición : ”No ano 1156, o primeiro de Setembro, colocouse este pedrón coa autoridade do Emperador e de tódolos intervinientes”


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=513
Outro marco do mesmo couto en: http://www.panoramio.com/photo/33796852?source=wapi&referrer=kh.google.com
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/06/07/padron-chafalladas-e-manifestacions/
http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2001PDF/2001%20103_116.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A canteira deixouno case ao borde da desaparición se as obras proseguiran. Ten unha fenda que o percorre case totalmente de arriba abaixo que o fará romper co paso do tempo. O outeiro no que se apousenta é de material inestable debido ao baleiro que o rodea


Onde está localizado

Latitude: 42.7778775846
Lonxitude: -8.64049494267
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84