
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Abanqueiro (San Cristovo)
Lugar: O Chazo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Capela dunha soa nave, feita a base de cadeirado granítico, e con teitume a dúas augas e remates en pináculos. As paredes aparecen rebocadas en cor branca, agás nas esquinas nas que sobresae a pedra.
Na fachada principal podemos ver a porta de acceso con arco de medio punto. O tímpano do arco está decorado cunha reixa de ferro. Por riba dela un ocelo con outro enreixado. O conxunto remata nunha pequena campá que pende dunha estrutura metálica. Nela figura unha inscrición con data do século XIX, e o nome de Luísa Vilá, a quen pertenceu cando a capela estaba en mans privadas.
No seu interior destaca a súa imaxinería relixiosa con cinco imaxes, entre elas as da Virxe do Carme, San Luís e San Francisco.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.boiro.org/boiro/ShowService.do?serviceId=42&fields=NCI1W3&startIndex=11
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A capela atópase completamente rodeada de naves industriais, hoxe abandonadas.
Onde está localizado
Latitude: 42.6073391729Lonxitude: -8.85808512568
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





