Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Deza (comarca) / Vila de Cruces
Parroquia: Merza (Santa María)
Lugar: A Moa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela de planta rectangular con tellado a dúas augas e cuberta con tella do país. Os muros son de cachotería, con perpiaños cuadrangulares para os esquinais e marcos dos pequenos vans. Na fachada, porta alintelada e un óculo na parte central. Remata con cornixa voada e do cume levántase unha espadana con arco de medio punto para albergar a campá, ten pináculos piramidais a ambos lados e na cima unha cruz. No alto do monte está o castro de San Paio


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7638784007
Lonxitude: -8.26617926359
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84