Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural, Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Gondomar
Parroquia: Chaín (Santa María)
Lugar: Regodagua
Outra denominación do ben: Coto do Corazón
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Neste coto existen 4 muíños naviculares, coviñas, e un petróglifo serpentiforme.
O petróglifo representa unha serpe atravesada por unha espada.
En relación aos muíños naviculares, dous deles podemos velos na base do coto, na entrada á cova (ou cachola con ventá en forma de corazón); un muíño na cara posterior do coto; e o último muíño atópase ao carón do petróglifo.
As coviñas aparecen ao lado dos muíños que están na entrada da cova.
O coto tamén recibe o nome de Coto do Corazón pola forma que ten a ventá da cova (ou cachola).


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hidalgo Cuñarro recolle unha lenda asociada a este coto. Parece ser que neste lugar se desfacia un encantamento, pero non se descoñece cal era.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://pxom.concellodegondomar.info/PXOM/09-CATALOGO/FichaPlanoArqolx/FichasArqueoloxia.pdf (Ficha 03.10 – Páxinas 27 e 28)
http://megaliticia.blogspot.tw/2015/11/petroglifo-coto-do-corazon.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
MIRAMONTES CASTRO, MARGARITA e GONZÁLEZ MARTÍNEZ, PURIFICACIÓN. “Os cotos de Chaín”. Cadernos do IEM. nº 10. Val Miñor. 2006


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.124850158
Lonxitude: -8.73514741659
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84