Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Cespón (San Vicenzo)
Lugar: Reboredo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este cruceiro, situado enriba dunha estructura feita con cachotería, nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cúbica posúe unha inscrición nunha das arestas achafranadas que di o seguinte: “AÑO D 1915”
O varal de sección cilíndrica remata nun capitel moldurado.
O conxunto coróase cunha cruz cos brazos potentados na que podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cun grande manto no reverso.

O cruceiro acompáñase nun lateral cunha base coas arestas rebaixadas e unha pequena cruz feita en ferro. A base posúe varias inscricións pouco lexible pola erosion.

O conxunto foi restaurado recentemente.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6685349633
Lonxitude: -8.85574758053
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84