logos

Hoxe é un día especial para nós porque nos irmandamos con dous proxectos divulgativos moi importantes para o patrimonio cultural de Galicia:

Arquitectura de Galicia. Trátase dunha plataforma cultural formada por estudantes de Arquitectura ou arquitectos recentemente titulados que, ante a falta de información de calidade sobre a Arquitectura Contemporánea galega, procura crear unha base de datos sobre as arquitecturas que se realizaron en Galicia dende os anos sesenta.

Proxecto Arga é unha plataforma cultural que cataloga, divulga e pon en valor as arquitecturas rehabilitadas de Galicia. A súa vontade é investigar sobre o proceso de transformación na arquitectura, e explicar como os edificios abandonados, cun cambio de uso, poden pasar de novo a formar parte activa da sociedade.

Estamos moi ledos con este triplo irmandamento e quen sabe que sorprendentes iniciativas poden xurdir a partires de aquí! Manterémosvos informados, pero non esquezades visitar proxectoarga.com e arquitecturadegalicia.eu