
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Petán (San Xián)
Lugar: O Panascal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro situado no lugar do Panascal, que nace sobre un chanzo de recente factura. A súa base posúe varias inscricións moi erosionadas, e diferentes relevos que parecen serpes, e caveiras nos extremos da pedra.
O varal posúe dúas partes ben diferenciadas: a súa primeira metade, de sección cadrada, aparece profusamente decorada con símbolos da Paixón, e na que destaca un relevo dunha figura humana; na súa parte baixa podemos ver unha pequena pía ou receptáculo. O resto do varal é de sección cilíndrica sen decoración.
O capitel moldurado da paso a unha cruz simple.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360090802.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello da Cañiza. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.253443893Lonxitude: -8.28850463033
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xul 10, 2016
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html