Cruceiro e Peto de ánimas de Nine
Catalogouno Oscar Franco o Out 20, 2015 • 9:14 a.m. • 1 comentarioOutra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Cespón (San Vicenzo)
Lugar: Nine
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Conxunto formado por un cruceiro e un peto de ánimas.
O cruceiro nace sobre un chanzo cadrado. A súa base posúe unha primeira pedra granítica cadrada e a continuación unha moldurada. Na primeira delas podemos ver a seguinte inscrición:
“A DEVOCION DE JESUS BER
MUDEZ CESPON. 1902”
O seu varal de sección octogonal da paso a un capitel tipo xónico, con volutas, follas de acanto e cariñas de anxos no centro das súas catro caras.
Na cruz, de sección cilíndrica, podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Dolorosa sobre peaña de anxo alado no reverso. As dúas imaxes da cruz conteñen restos de policromía.
O peto de ánimas forma parte do pequeno muro que rodea ao cruceiro. Pintado en branco, posúe unha fornela de arco de medio punto. No seu interior un retablo policromado con tres ánimas. O peto ten enreixado, caixón para as esmolas e unha pequena cruz no cume.
Segundo a bibliografía consultada, o cruceiro “foi construido por un emigrante retornado da Arxentina que veu rico e quixo darlle á parroquia un cruceiro.”
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/150110508.html
BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Deputación da Coruña.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA. BOIRO (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMBoiro.html)
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
TORRADO CESPÓN, Milagros. (2010). HISTORIAS RECOLLIDAS NALGÚNS CRUCEIROS DO CONCELLO DE BOIRO (A CORUÑA). Actas do IIº CONGRESO GALEGO SOBRE “CRUCEIROS E CRUCES DE PEDRA””. Ed:Estanislao Fernández de la Cigoña.
CASTAÑO CASTAÑO, José Andrés e FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (2001). VIDAS LABRADAS EN PEDRA. OS SANTEIROS DE CHAVE – LOUSAME. Ed: Concello de Lousame.
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6732700188Lonxitude: -8.84863436222
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Nov 11, 2015
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1995-25952