Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: San Francisco
Outra denominación do ben: Petróglifo do Cruceiro
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O cruceiro está nun penedo no que hai escavados uns chanzos para alcanzar o cume. No cumio da pedra, a modo de pedestal, ten insertado un varal que sostén unha cruz nova en sustitución da antiga que desapareceu hai moitos anos.
A carón do cruceiro hai un petróglifo, situado sobre unha lousa granítica de 3’7 por 4’5 m. Consta dunha combinación de tres círculos concéntricos, un dos cales, o exterior, está incompleto. Ten unha cazoleta central.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15053023
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

J.J. Eiroa. Rey Pepa: Guía de los petróglifos de Muros.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA004.PDF
pax. 11


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O cruceiro atópase en bastante bo estado, a cruz desapareceu a principios do século pasado e recentemente foi colocada á actual.
O petróglifo atópase imperceptible, segundo os veciños, por unhas obras cercanas.


Onde está localizado

Latitude: 42.7612888942
Lonxitude: -9.06838774681
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84