Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago (comarca) / Teo
Parroquia: Teo (Santa María)
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro está situado nun outeiro a 170 metros de altitude e a 900 metros da marxe dereita do Río Ulla. Amosa unha croa de forma ovoide de 130 m. de eixo NE-SE e uns 100 m. no NW-SE, delimitada por un parapeto que iría dos 5 aos 7 metros de altura exterior, mentres que no seu interior non destaca do terreo. Só na zona NE chega a acadar 1,5 metros de altura.
Ten no centro un outeiro que parece natural e pola banda NE hai un antecastro, duns 50 metros no eixo NE-NW. e 80 no eixo NW-SE que se atopa delimitado por un parapeto de 5 metros de altura cara o exterior, non destacando pola parte interior, pero na zona NE e NW acada 1,5 metros de altura. A continuación deste antecastro hai outro cara o NE, duns 30 metros no eixo NE-SW, e 50 no NW-SE metros, delimitado por un parapeto duns 3 metros de altura exterior e moi escasa cara o interior.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15082010
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TEO/documents/27387CA602.pdf
pax. 5
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7655876127Lonxitude: -8.53210687637
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Out 24, 2015
Interesante a páxina do patrimonio do Concello de Teo http://www.concellodeteo.com/interior.php?txt=arbore_web44&lg=gal