Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Siós (San Martiño)
Lugar: Siós de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial de finais do século XVIII feita a base de perpiaño labrado na fachada principal, e de cachotería irregular e encintada nos muros laterais. Posúe planta rectangular e teitume a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Pináculos de bola nos laterais.
Na fachada principal vese a porta de acceso, e por riba dela unha ventá con derrame interno.
O conxunto remata nunha espadana de dous corpos, o inferior con dous vans con arcos de medio punto e sendas campás, e o superior de menor tamaño.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior alberga varios retablos con imaxes dos séculos XVIII e XIX; e na sancristía unha campaíña datada no ano 1550.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=6378&ctre=31


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4956178107
Lonxitude: -7.60852307081
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84