Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bueu
Parroquia: Beluso (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa parroquial de Santa María de Beluso é un edificio do século XVIII, reconstruído en parte a finais do século XIX.

A pranta do templo é de cruz latina. Ten unha soa nave, tanto no corpo principal coma no transepto, cubertas con bóveda de canón que se apoia en grosos muros reforzados no exterior con contrafortes. A capela maior é de pranta cadrada, e foi reconstruída cara 1887, despois da destrucción causada por un forte temporal o ano anterior, con rasgos neogóticos eclécticos. Nos muros do cruceiro ábrense fiestras oxivais e rosetóns tetralobulados, mentres que o cruceiro está rematado por unha lanterna ou ciborio en forma de agulla.

A fachada principal é moi sinxela. A porta ábrese baixo un arco de medio punto, remarcado cunha chambrana ou arquivolta con decoración de botóns, e un motivo vexetal na clave. Sobre o arco, ábrese un pequeno nicho, e sobre éste, un óculo que ilumina a nave. A espadaina, acabada en pincho, sitúase sobre o frontis, e está composta por dous arcos apoiados sobre pilares, con pequenos remates en forma de piña aos lados, e piramidóns nas esquinas. Unha cornixa con decoración de botóns recorre a fachada occidental e as laterais.

No muro Sur, en lugar aberrantemente visible, hai un alegal reposteiro glorificador do feixismo.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33090281958158
Lonxitude: -8.813543021678925
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84