Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arzúa (comarca) / O Pino
Parroquia: Castrofeito (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa construída no século XIX e enmarcada nunha contorna rural. Amosa planta rectangular e sancristía acaroada ao muro norte. O teito vai a dúas augas, agás no presbiterio, que remata en tres. Está cuberto con tella curva. Os muros están recebados e pintados de branco, a excepción dos esquinais e linteis de portas e marcos de ventás que deixan ver os sillares de granito. Fachada con escasa decoración que leva porta alintelada e un van que fai as funcións de lucernario do templo. Remata nas esquinas superiores con pináculos de bóla. Do centro do cume, unha base rectangular dá paso ao campanario de dous corpos. O primeiro con dous ocos para as campás rematados por enriba en arcos de medio punto e o segundo, separado por cornixa saínte, dun só van con arco e coroado por un pináculo central, con cruz de forxa no cume, e flanqueado por dous máis pequenos pequenos, ao igual que o primeiro corpo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OPINO/documents/0305CA001.PDF
pax 6 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9192392684
Lonxitude: -8.39934825897
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84