Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Arzúa (comarca) / O Pino
Parroquia: Castrofeito (Santa María)
Lugar: Santiso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este espazo está catalogado no PXOM do concello do Pino do 2003 como lugar de interese natural e forestal. Dentro da carballeira está a capela de Santiso, on de San Tirso, a cal non aparece dentro do catálogo de bens arquitectónicos relixiosos do concello. Ten planta rectangular, e cuberta a dúas augas de tella do país. Na fachada sen decoración, porta alintelada e un van cadrado e acristalado no centro da fachada para dar luz ao templo. Muros recebados e sen pintar, a día de hoxe amosa un campanario fabricado con cemento.
O lugar forma parte da ruta xacobea ao seu paso por Santiso, lugar onde apareceron restos que falan dunha importante presenza romana, como son inscricións aos lares viais e unha placa adicada a un liberto de orixe grega, así como posibles restos do firme dunha vía. Deduciuse por estes achados actividade romana nesta zona entre os séculos I e IV d. C.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OPINO/documents/0305CA001.PDF
pax 8
http://ficheiros-web.xunta.es/patrimonio/DELIMITACION_CNORTE/14_MEMORIA_O_PINO.pdf
páxina 15 . Galería de fotos do camiño de Santiago ao seu paso polo Pino

http://www.patrimoniodeopino.es/index.php?option=com_content&view=article&id=119&Itemid=108&lang=gl


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9247191984
Lonxitude: -8.40447127819
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84