
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Brión / Rois
Parroquia: Bastavales (San Xulián)
Lugar: Rubial (Coto do Castelo- Monte Oleirón)
Outra denominación do ben: Couto do Castelo
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Pequeno castelo ou atalaia altomedieval a 480 m. de altitude e na ladeira leste do cume do monte do Oleirón, que debeu ser utilizada para controlar os ataques de invasores e de movementos no Val da Amaía e os pasos pola Depresión Meridina do camiño de Iria a Compostela. Está no límite dos concellos de Rois e Brión, seguindo o vello costume de utilizalos como marco de terreo ou de termo dalgún couto. Na parte norte que rodea o gran batolito central da fortificación podemos ver restos de muros e un pequeno amoreamento de terra a modo de recinto circular, onde se supón que estarían cravadas ou armadas defensas de madeira, despois desta barreira configúrase un pequeno foso. Atópase unha gran cantidade de cachote tirado, sobre todo na cara sur que mira ao val, do que debeu ser una muralla, e restos de tella nunha pequena cova que parece que foi ampliada artificialmente para facer de abrigo. Na alto do outeiro hai buracos de forma redonda tallados na rocha e restos de pequenos muros facendo una pequena superficie chan. Dende o aire pódese apreciar a dimensión e o recinto circular que ocupaba. A pouca distancia máis abaixo están os restos de Santa Cecía, no profundo val do pequeno río do mesmo nome. Esta ermida, hoxe desaparecida, xunto co topónimo Vilar de Abade dunha aldea próxima, pódenos facer pensar nun asentamento de monxes cerca da Iria Flavia, nun fértil val que foi cobiza de pobos coma os normandos, sendo os monxes vítimas das súas ben datadas invasións.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/10/18/republicas-de-homes-libres-3-a-hipotese-dos-monxes-vixias/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8151893366Lonxitude: -8.69854331017
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
9 comentarios
Eumesmo says:
Ago 1, 2012
Se non sabías , informovos que moi moi perto deste achádego , está prevista a implementación dun parque eólico (Parque eólico Olerón , de Norvento Enerxía) . Informará patrimonio da sua existenza? deixarán algo en pé?
Tempo ao tempo , polo de agora están cos tramites de expropiación
elixiovieites says:
Set 21, 2012
Pois parece que hai anemómetros instalados e hai marcas por todos os lados. Na gran rocha do outeiro hai unhas sinais e letras en amarelo (SM) feitas con spray (o que o fixo deixou o bote alí tirado, de recordo). As Pistas estanse a arranxar.
Esta é a resolución do 11 de Maio do 2012. A Empresa e Norvento
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120615/AnuncioCA04-220512-0007_es.html
Parece que pode ser alterado. Estaremos atentos.
Oleirón says:
Set 21, 2012
A capela de Sta. Cecía non está desaparecida. Os seus restos atópanse nunha vaguada situada uns 500m máis abaixo.
elixiovieites says:
Set 21, 2012
Eu non fun ata alí,teño ganas de ir, pero parece que pouco queda . Parece que foron trasladadas as imaxes de Santa Icía e San clemente (que segundo un informador estaba sen cabeza pois íalle beber a Fonte da Santa, e ela un día enfadouse e mandoulle a San Xulián, que ten unha espada, que lle cortara a cabeza). Un saúdo
Oleirón says:
Xan 22, 2013
Algunha peza da capela creo recordar que tamén está depositada no Museo das Peregrinacións de Santiago. As ménsulas foron roubadas hai tempo. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/11/5186122.shtml Segundo teño escoitado, están “decorando” a casa dun veciño da zona…
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/10/5182435.shtml?idioma=galego
Elixio Vieites says:
Xan 22, 2013
Grazas Oleirón pola información, esa noticia levávaa eu buscando fai moito tempo. Por certo, Eumesmo, mandei un mail en setembro do 2012 coa debida información e fotos do castelo do Rubial (ou Oleirón) e o seu entorno , para que o tiveran en conta á hora de levar a cabo este parque eólico que se está a proxectar. Foi enviado a: vixilancia.patrimonio.cultural@xunta.es
Tes aquí o enlace da Consellería de Cultura e Dirección Xeral de Patrimonio
http://cultura.xunta.es/consellaria/organigrama.php?lg=gal
Elixio Vieites says:
Xan 22, 2013
Aquí non vén, pero como información complementaria
Os Bens de Rois no pxom do concello http://xurl.es/0kv32
funciona con Google Chrome e Internet Explorer.(en explorer hai que volver atrás na páxina da dirección inicial despois de cada pdf ,pois dinos que non ten acceso, solucionase retornando unha páxina para atrás e volvese a ver o listado de pdfs)
elixiovieites says:
Xuñ 28, 2014
Ortofoto do voo americano do ano 1956 da zona do castelo do Oleirón. (esquina dereita, abaixo, da imaxe) onde aínda se lle aprecian os parapetos e a muralla ao seu redor http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/ORTO56/Orto56_0120A-0401.pdf
elixiovieites says:
Feb 28, 2015
Aquí podedes ver o traballo «Fortificaciones de altura en el entorno de Santiago de Compostela. Hacia un primer análisis arqueológico comparativo» de José C. Sánchez Pardo e Carlos na revista Nailos J. Galbán Malagón, onde ven mencionado este castelo e outras fortificacións da contorna.
http://nailos.org/nailos-2-2015-art4/